sábado, 12 de octubre de 2013

A Débeda Pendente 2ª parte



     A miña mente comeza un frenético percorrido por tódo-los seus recobecos na procura dunha aclaración. Non lembro nada que me pasase nin éstes días ni ó longo prazo como pra ter que rindir contas deste xeito. Que te asalte alguén no teu fogar na metade da noite no é prato de bó gusto pra ninguén. Diríxome ó meu agresor, en voz baixa, asustado, pero tentando asemellar apacíbel.
—Non lembro deberlle nada a ninguén. Non entendo o porqué deste asalto, na miña propia casa.
— ¡Ah!, non lembras, claro —dixo aquela estridente voz polifónica con certo tono de sarcasmo—, éche un dos efectos secundarios... —continuou case canturrexando e con aire burlón.
—Perdoe —lle digo cadrándome e poñéndome serio—. O máis probábel é que isto sexa un mal entendido. Se me permite presentarme e vostede se mostra e fai o mesmo, poderíamos esclarexa-lo todo, estou seguro.
Mantense en silencio durante un anaco que se me fai eterno. Decátome de que se achega a min a través da escuridade, podo sintir o seu sinuoso desprazamento cortando o cargado ar que enchoupa os meus pulmóns, afogándome pocuco a pouco con cada bocanada que dou. O seu alento rebota na miña faciana e non podo evitar que un gran arreguizo percorra o meu corpo de abaixo a arriba, faime esvaecer. Os meus xeonllos temblan coma varas verdes e perden as súas forzas, están a piques de deixar caer esborrallado todo o meu peso ó chan. Aquilo prodúceme un lixeiro mareo, aínda que non vexo nada parece que todo me da voltas. A miña respiración entrecórtase e aquela sensación causa que o apurado e improvisado almorzo que acaba de tomar comece a aganchar polas paredes do meu estómago.
—Eu non teño nada que clarexar, ¡lembra a túa débeda! —sinto no meu oído ó mesmo tempo que o podrido alento daquel descoñecido entra polo meu nariz e me causa unha náusea.
Naquel intre sen ter nin tempo de sobrepoñerme nin de respostar para clarexar aquela mais que palpábel confusión, sinto como os meus pes perden o contacto co chan. Coma se as baldosas do corredor se esvaeceran de debaixo deles.
Agora o meu corpo está suspenso no ar mais non caio a ningures. O meu brazo segue estando suxeito con forza e sinto moito dano nel. Non poido evitar lanzar un xemido, aquel belisco que aperta o meu antebrazo soportando todo o meu peso, faise insoportábel, máncame moito.
Movo os pes tenteando, na procura de apoio pra acadar descanso pero non fago pe por ningures, só hai baleiro. Comezo a temer pola miña vida, sei que se me solta a caída vai ser mortal.
—Non, por favor —prégolle desesperado. Algo nos meus adentros me di que non lle tremará a man pra deixarme caer en calquer intre. —Non me solte, deixeme aclaralo. Dareille o que queira, prométollo.
—Jajaja —oio ó lonxe, coma se o meu corpo estivese metido nun fondo furado, a moita distancia de él—, ti sempre facendo promesas. Promesas e mais promesas... ¿Estimas que che pertence outra oportunidade?
—Pero... Non sei a qué diaños se refire. Espere un intr...
A miña voz detense de súpeto ó sintir un terríbel calor que atinxe os meus pes desde abaixo. O meu corpo segue en suspenso, en peso morto sobre un fondo abismo, só suxeito dun brazo. Miro cara abaixo e moi ó lonxe vexo un feble fulgor que a medida que pasan os segundos, vaise facendo mais e mais nidio. De fondo podo ouvir unhos arrepiantes murmurios que asemellan estar á espera de que o meu corpo caia e aterre pra quedar á mercé dos seus espantosos antollos. Volvo a arreguizarme coma nunca antes o fixera na miña vida, sinto espanto daquela luz, dos murmurios, da caída. Non entendo nada, non lembro nada. Preciso tempo pra cabilar pero aquel fulano semella non estar disposto a darme nin un segundo mais, quere cobra-la súa débeda, unha débeda que non lembro ter collido, unha débeda que non sei como saldar.
Sinto como o agarre sobre o meu brazo perde forza, deixa de doerme, deixo de sintilo. Polo meu estómago ascende agora aquel almorzo pra saír expelido pola miña boca, aquel fondo sentimento sube lixeiro polo interior do meu peito. Aperto forte os dentes pra evitalo, tan forte que parece que van escachar en calquer intre. Caio na conta de que xa deu comezo a inminente caída cara aquel resplandor vermello. Miro cara abaixo e véxoo cada vez mais preto, sinto mais calor. Pecho os ollos e apertoos forte como se con aquelo puidese deter o inevitábel...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...